+ 34 981 850 903
+ 34 627 184 678

Inicio Blog De Santa Leocadia á Ponte do Ruso

De Santa Leocadia á Ponte do Ruso

Xoves, 6 de outubre de 2016

Cascada de Santa Leocadia
Temos a sorte de estar situados nunha zona onde podemos gozar de todo tipo de recursos naturais (bosque, río, mar), pero ademais moi preto das nosas cabanas tamén temos pequenas marabillas feitas polo home en diferentes épocas. Imos a falarvos de dúas destas construcións que poderedes visitar se decidides vir ás nosas cabanas.

Santa Leocadia

Santa Leocadia

Esta paraxe, situada a escasos minutos de onde estamos na estrada para Pino de Val, conta cunha pequena capela xa en desuso pero que garda todo o encanto deses lugares máxicos esparexidos por toda Galicia que fai da nosa comunidade un sitio diferente.

Ademais, a contorna convida a facer un pequeno picnic, xa que xusto á beira hai unha chaira ideal para iso e terminar a visita cunha pequena ruta de sendeirismo que termina nunha bonita fervenza que forma o río do mesmo nome entre unha bela carballeira.

Ponte do Ruso

Ponte do Ruso
Esta ponte, construída no ano 1746, atópase a escasos metros das nosas Cabanas do Barranco, así que poderedes dar un paseo en calquera momento e gozar tanto do monumento como da tranquilidade que se respira, tranquilidade á que axuda o son do río Tins ao seu paso.

Nos arredores hai diferentes camiños que poderedes seguir a modo de paseo e mesmo como rutas de sendeirismo. Moi preto da ponte, se vos apetece e o tempo acompaña, hai unha zona do río onde darvos un mergullo.

Ponte do Ruso