+ 34 981 850 903
+ 34 627 184 678

Inicio A cociña

A nosa cociña

A nosa cociña
Desde o noso servizo de restauración ofrecémoslles aos nosos hóspedes cociña caseira.
No pequeno comedor da casa poderá degustar os máis exquisitos pratos da abundante e variada cociña galega, preparados sempre para a ocasión baixo reserva previa.

Encantados servirémoslle cada día o noso almorzo continental a base de zume de laranxa natural, froitas frescas, biscoitos caseiros, pan artesán, queixos e embutidos, aceite, tomate ralado, melmeladas, ovos de produción ecolóxica fritos ou revoltos, café con leite ou colacao, infusións e outros produtos de tempada.

Se desexa un almorzo máis completo, reserve o noso almorzo especial con pans especiais, aguacate, froitos secos, froitas deshidratadas e copos de avea ou granola.
HORARIOSERVIZOPREZO
de 8:30 h a 10:30 hAlmorzo
Almorzo especial
10€/persoa
15€/persoa
de 17:00 h a 21:00 h

de 19:00 h a 22:00 h

Tardeo

Cea (baixo reserva)
Cea lixeira (baixo reserva)

18€/persoa

25€/persoa
16€/persoa


*O horario do servizo de ceas é de 19:00 h a 22:00 h. A última hora de acceso ao comedor para cear son as 21:00 h.
*Tardeo — De 17:00 h a 21:00 h, todos os días. Bebida, "tosta do día", "dipeo do día" e táboa de embutidos e queixos.

A nosa cociña
Os menús de cea inclúen: primeiro prato, segundo prato (carne ou peixe), sobremesa caseira, bebidas, pan, café/infusións.
Os menús de cea lixeira inclúen: prato único, iogur ou froita, pan e bebida.

** De acordo co regulamento nº 1169/2011 de información de alérxenos:
Do Artesanato CAC informa aos seus clientes de que os menús ofrecidos no noso establecemento poden conter: glute, lácteos, ovo e froitos secos ou outros. Se precisa produtos libres destes alérxenos, por favor, informe ao persoal con anterioridade para poder ofrecerlle unha comida adaptada.