Inicio Situación Entorno
Casa Perfeuto María é unha casa rural ubicada en Outes, ao pé dun Castro Celta nun val fluvial do interior da ría de Muros e Noia.No camiño de Santiago a Finisterre, está a tan só a trinta minutos de Santiago de Compostela, entre as Rías Baixas e a Costa da Morte.
Esta antiga casa de labranza está sita entre ríos, praias e montañas con fermosas vistas da costa, nun entorno ideal para a práctica do turismo rural.
Dende Casa Perfeuto María pódense visitar os cascos históricos de Muros e Noia, pasando pola súa ría e praias. Tamén se poden realizar excursións de sendeirismo, subir a pintorescos miradoiros e gozar dunha posta de sol en algún recuncho da costa atlántica. Pasear polo extenso areal de Carnota e admirar o seu cabazo, seguir camiño cara ao faro de Fisterra, percorrer as Rías Baixas, visitar as dunas de Corrubedo ou descubrir a cidade de Santiago de Compostela, son outras das moitas actividades turísticas que propicia a nosa situación.
No noso entorno destacan numerosos asentamentos prerrománicos: o Dolmen de Berdoias e o de Olveira (Dumbría), o Dolmen de Cabaleiros (Tordoia), o Dolmen de Corbeira (Mazaricos), o Dolmen de Dombate (Cabana) e o Dolmen de Axeitos na serra de Barbanza.
Propoñerémoslle unha selección de excursións pola zona adaptada ao seus intereses: rutas de río e de montaña para “perderse”.
Na cociña de Casa Perfeuto María preocupámonos pola túa alimentación, traballamos con produtos que coidamos dende a súa orixe