+ 34 981 850 903

Inicio A casa Instalacións

Instalacións

Placas insignias Casa Perfeuto María

O noso aloxamento rural con encanto, de aluguer por habitacións e servizo de restauración, sorprenderalle pola súa combinación de antigo e moderno, tradición e innovación.

O edificio principal do S. XVIII é representativo da arquitectura popular de Galicia e foi adaptado para establecemento de turismo rural no ano 2000, respectando especialmente os sólidos muros de pedra, as estruturas de madeira e o colorido das súas luminosas galerías.

Casa Perfeuto María conta con cinco habitacións dobres con cama de matrimonio e baño con cabina de ducha, unha delas na planta baixa con equipamento e acceso para discapacitados físicos; unha habitación triple con cama de matrimonio, cama auxiliar e baño con cabina de ducha e unha habitación especial con baño hidromasaxe e sala de lectura con galería. Todas as habitacións con equipos de descanso de látex, lencería de algodón, TV, señal wifi, dosificador de xel e xampú, secador de pelo, información turística e abundante luz natural.

Os amplos espazos comúns das dependencias interiores invitan a ler e intercambiar experiencias con outros hóspedes ao caer a noite. O salón con cheminea na planta baixa, as salas de lectura na planta intermedia e a biblioteca no baixo cuberta ofrecen a todos os hóspedes a posibilidade de atopar “o seu recuncho”.

Nas instalacións exteriores abundan os pequenos, íntimos e variados espazos con xardín cheos de elementos de auga que invitan a perder o tempo, gozar do verde prado, os olores do bosque e o silencio interrompido polo murmurio do río.

Casa Perfeuto María conta co selo Q de calidade turística para casas rurais.