Mércores, 19 de outubre de 2016
A Casa Perfeuto María foi fundada desde a súa orixe cunha serie de principios claros e inmutables como son limpeza, calidade, comodidade e tranquilidade entre outros. Algo que para nós é innegociable son esixencias máximas para obter certos estándares de calidade como a "Q de calidade".
O encargado de outorgar este recoñecemento é o ICTE (Instituto para a Calidade Turística Española), organismo español de carácter privado e independente, sen ánimo de lucro e con recoñecemento estatal. A Q achega ao noso establecemento diferenciación, prestixio, fiabilidade e rigorosidade.
Os establecementos avalados coa Q de calidade pasan estritas auditorías a nivel de cumprimentos legais tanto do establecemento como dos empregados que nel traballan, así como de protocolos de limpeza e de cociña. Todo isto asegura que a prestación do servizo sexa garantía de calidade, seguridade e profesionalidade, para que os clientes teñan a mellor experiencia turística posible.
Estes controis veñen sucedendo todos os os anos desde 2009 e sempre superamos con nota todas as esixencias, algo do que desde a familia de Do Artesanato sentimos orgullosos xa que, ademais somos o único establecemento destas características na comarca da Ría de Muros e Noia con este distintivo.
Na cociña de Casa Perfeuto María preocupámonos pola túa alimentación, traballamos con produtos que coidamos dende a súa orixe