+ 34 981 850 903
+ 34 627 184 678

Inicio Blog Outono Gastronómico en Casa Perfeuto María

Outono Gastronómico en Casa Perfeuto María

Martes, 16 de setembro de 2014

Outono Gastronómico

Este ano celébrase o 8º Outono Gastronómico nas casas de turismo rural de Galicia.

Entre o 12 de setembro e o 14 de decembro* poderemos reservar o noso “Menú Outono Gastronómico” composto por un entrante, un primeiro e un segundo prato, a sobremesa e un viño de Denominación de Orixe galega ou outra bebida a elixir.


Este menú pode ser reservado de forma independente ou combinado con estadía dunha ou dúas noites en habitación individual, dobre ou familiar (ata dous nen@s, incluídos menús infantís).


*Ofertas válidas en venres, sábados e domingos do 12 de setembro ao 14 de decembro de 2014, excepto os fins de semana do 31 de outubro a 2 de novembro e do 5 ao 7 de decembro.
Para comer ou cear escolle o “Menú Outono Gastronómico


1 menú Outono Gastronómico por persoa (entrantes, primeiro e segundo prato, sobremesa e viño Denominación de Orixe galega). O prezo é de 30 € / persoa (IVE incluído).


Con estadía dunha noite elixe o “Paquete Outono Gastronómico”:


1 menú Outono Gastronómico por persoa + aloxamento e almorzo nunha das casas de turismo rural participantes nesta promoción (noite de venres ou sábado a escoller ). O prezo é de 110 € /2 persoas en habitación dobre ou de 70 €/1 persoa en habitación individual (IVE incluído).


Pero a mellor opción é a oferta completa da “Fin de semana Outono Gastronómico”.


2 menús Outono Gastronómico por persoa + aloxamento e almorzos nunha das casas de turismo rural participantes nesta promoción (noite de venres e de sábado).


O prezo é de 190 €/2 persoas en habitación dobre ou de 130 €/1 persoa en habitación individual (IVE incluído).


Se queres compartir cola familia esta fin de semana tan especial podes apuntarte á oferta da “Fin de Semana Familiar Outono Gastronómico” con dúas posibilidades:

Familiar con 1 nen@ (ata 14 anos)

2 menús Outono Gastronómico por cada adulto e 2 menús infantís por nen@, aloxamento en habitación dobre con cama supletoria (noites de venres e de sábado) e almorzo para toda a familia os dous días. O prezo é de 250 €/2 adultos + 1 nen@ (IVE incluído).

Familiar con 2 nen@s (ata 14 anos)

2 menús Outono Gastronómico por cada adulto e 2 menús infantís por nen@, aloxamento en 2 habitacións dobres (noites de venres e de sábado) e almorzos para toda a familia os dous días. O prezo é de 290 €/ 2 adultos + 2 nen@s (IVE incluído).