+ 34 981 850 903
+ 34 627 184 678

Inicio Blog ¿Preparado para a aventura Casa Perfeuto María?

¿Preparado para a aventura Casa Perfeuto María?

Martes, 3 de outubre de 2017

A nosa casa de turismo rural espérate na Serra de Outes, dentro dunha contorna da que non te poderás desprender, pola súa maxia, natureza e espírito. Presentámosche a Casa Perfeuto María, perfecta para alugar e compartir con amigos e familia.

Tes a opción de alugar unha habitación e compartir a experiencia con outros hóspedes, ou polo contrario, se prefires pasar uns días en familia e con amigos, a casa pódese alugar enteira para ter privacidade e disfrutar da natureza e das instalacións que dispón. 

Chega o outono, é tempo de facer plans diferentes, escapadas nas que coller aire para seguir coa rutina. Temos actividades preparadas para alimentar a mente e darlle movemento ós teus pes, xa que contamos con rutas de sendeirismo, con opción de practicar turismo activo, coma actividades de pesca no río ou no mar, rutas en barco pola ría, piragüismo, golf,…

Se prefires aventura, temos actividades de barranquismo, descenso de cañóns ou cayoning, puenting ou parapente. Para iso, só será necesario saber nadar e ser maior de 14 anos. 

Queremos falarvos tamén das nosas rutas a cabalo, que percorren paraxes de gran beleza paisaxística, camiños rodeados de natureza virxe e bosques de carballos e castiñeiros; cruzando ríos e mesmo paseos polas praias e á beira do mar.

¿Estás preparado para ver Serra de Outes dende as alturas?

Temos preparada unha tirolina que mostra o bosque dende o máis alto, as impresionantes vistas das praias de “As Saíñas” e de “A Ensenada do Engano”. 

Estas son as nosas actividades que temos preparadas para o teu goce. Non esperes máis para reservar estancia en Casa Perfeuto María e atrévete a pasar uns días diferentes en compañía da natureza e da túa xente.

¡Reserva xa a túa estancia!