+ 34 981 850 903
+ 34 627 184 678

Inicio Blog Ruta Santiago-Santiago: 3ª etapa Muros-Santiago

Ruta Santiago-Santiago: 3ª etapa Muros-Santiago

Xoves, 7 de xullo de 2016

A derradeira etapa da ruta Santiago-Santiago comeza en Muros e diríxese ao leste ata chegar de novo á cidade de Santiago de Compostela, percorrendo así os 75,9 kms restantes.

A  primeira parada se realizará no municipio de Outes, a 26,5 kms de Muros, onde se atopan as Cabañitas del Bosque, rodeadas dunha rica variedade de formas e contornos de gran beleza paisaxística. Os contrastes que ofrece Outes pódense apreciar nos seus montes, ríos e praias, sendo o monte Tremuzo o máis alto do concello, e o Tambre o máis importante dos ríos (despois de percorrer 84 kms dende Sobrado desemboca en Outes).

Monte Tremuzo

En canto a praias, as máis visitadas son as de Arnela e a de Portosiavo na parroquia de O Freixo. A praia de Broña, en San Cosme, é unha das máis concorridas de toda a comarca.

Praia de Broña

Continuando a ruta chégase a Rois, localizada a 25,3 km de Outes. O seu patrimonio artístico relixioso está composto por igrexas, case todas barrocas de principios do século XVIII. Ten retablos barrocos e conserva algúns elementos anteriores, como sucede na igrexa de Leroño de nave románica do século XII e na Igrexa de Costa que conserva de ese estilo a capela maior.

Ademais, na parroquia de Sorribas (pertencente ao municipio de Rois) existe unha igrexa de estilo románico, fronte á cal iníciase un Vía Crucis con catorce cruceiros e unha cruz que se cree que foron construídos no ano 1698 debido á inscrición que aparece no pedestal de dita cruz. Estes cruceiros sucédense ao longo dun sendeiro que deixa á súa esquerda o núcleo principal e á súa dereita unha bela e frondosa carballeira.

Via Crucis de Sorribas

Outro dos recursos turísticos que caracterizan a esta parroquia de Sorribas é a súa fonte, elaborada en granito e formada por dous caños de auga que penetran nunha estrutura sobre a que se apoia unha especie de frontón en cuxo centro ábrese unha hornacina coa figura de Cristo crucificado. Está rematada con detalles ornamentais, o que confire un aspecto moi orixinal. Está adosada a unha especie de altar que contén unha imaxe sagrada á que os veciños do lugar fan ofrendas.

Por último, despois de percorrer 20,9 kms chégase de novo a Santiago de Compostela, dado así por finalizada a ruta Santiago – Santiago.

Catedral de Santiago de Compostela

Ligazóns